Varios escritores encontraranse coa terceira idade por todo o país

Historias da lembranza

Varios escritores e escritoras de recoñecido prestixio visitarán os anciáns de varias cidades dentro do programa "Contos para a memoria". O obxectivo desta actividade é establecer unha relación directa entre os autores e os anciáns.

Autores




Os autores que participan neste encontro, organizado pola Fundación Caixa Galicia, son Alfredo Conde, Marilar Aleixandre, Xosé M. Martínez Oca, Fina Casalderrey, Helena Villar Janeiro, Bieito Iglesias, Víctor Freixanes, Xavier Alcalá e Miguel Suárez Abel, que tamén coordina o encontro.













Memoria



Nos encontros, escritores e anciáns intercambiarán as súas experiencias, e prevese que no futuro os escritores participantes creen unha obra orientada á terceira idade. O punto común que vertebra estes encontros é a memoria, materia en bruto para a creación literaria que é, á súa vez, unha loita contra o esquecemento. Esa loita contra o esquecemento común entre os anciáns e os escritores foi o que animou a Miguel Suárez Abel a pór en contacto estes dous colectivos.







Datas e lugares


O encontros terán lugar nas cidades de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Lugo e Ferrol entre o día oito de marzo e o dez de maio. A cidade que abrirá o encontro será Compostela, coa intervención de Alfredo Conde no Centro de Maiores da rúa Carreira do Conde. Os encontros rematarán no salón de actos de Caixa Galicia en Lugo coa intervención de Xavier Alcalá no Centro de Maiores da Avenida de Vigo en Ferrol.