A Biblioteca González Garcés encheuse onte, dentro do marco do segundo encontro do ciclo "Muller e Poesía" na homenaxe que se lle rendeu a Pura Vázquez. No encontro, ó que asistiron numerosos literatos fíxose un recordo pola súa extensa traxectoria literaria.
Homenaxe e recordos
Laura González Garcés e José Aguilar organizaron onte unha homenaxe á poetisa ourensana Pura Vázquez. Este recoñecemento situábase dentro do segundo encontro do ciclo "Muller e poesía" que se celebra na Coruña dende o pasado mes de xaneiro. No encontro Manuel María, Manuel Álvarez Torneiro, Sonia Vázquez, Enma Couceiro, Susana Caaveiro e José Aguilar estiveron reflexionando sobre as constantes da obra da escritora ourensá. Neste sentido todos coincidiron ó cualificar á Pura Vázquez como unha poetisa máis cercana de Rosalía que das vangardas posteiores, tanto pola súa temática como polos xiros e expresións lingüísticas empregadas nas súas composicións.
Poetisa ós 83 anos
Pura vázquez (Ourense, 1918) é unha destacada figura da literatura de posguerra ademais dunha prolífica escritora. Ás súas costas están 43 libros publicados, entre os que destaca "A carón de min" e outros tres títulos que están aínda no prelo pendentes de publicación: "Náufragos da elexía", "A música dos tempos" e "Artigos e reflexións" que compendia as súas incursións no mundo do xornalismo. Esta mestra, que emigrou a Caracas, fundadora da Colección Xistral onde publicou o seu primeiro volume titulado "Intimos" a partires do que desenvolvería toda a súa faceta creativa: como poetisa, narradora e dramaturga.