O poeta Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) resultou gañador do XXII Premio Miguel González Garcés de poesÃa, organizado pola área de cultura da Deputación da Coruña. O xurado decidiu premiar a súa obra 'Un xesto de tenrura' entre as 129 propostas presentadas, das que destacaron a súa "elevadÃsima calidade". O xurado destacou que a obra gañadora "propón unha poesÃa introspectiva e depurada, onde a linguaxe rica e evocadora se achega á súa forma máis pura, eliminando excesos e retóricas para lograr unha obra de precisión sensorial". Ademais, salientaron que "ofrece unha experiencia poética completa, cunha estrutura ben meditada, que conxuga a beleza da palabra coa profundidade do pensamento". ConcluÃron que "marca unha achega significativa á poesÃa contemporánea en galego, e amosa o xeito en que encarar a idade adulta comporta adoito o desvencello, pero que a luz da soidade pode ser unha forma de liberdade tamén".
Hermo é licenciado en FiloloxÃa Galega e Doutor en LingüÃstica pola Universidade de Santiago de Compostela. Publicou tres libros de poesÃa: 'Crac' (Barbantesa, 2011), 'Celebración' (Apiario, 2014) e 'A vida salvaxe' (Pen Club, 2018). Exerceu a crÃtica literaria e a tradución de poesÃa, e participou en numerosas lecturas de ámbito nacional e internacional. Pola súa obra poética recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio da Asociación Española de CrÃticos Literarios en 2014, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de PoesÃa Nova en 2015 e o Premio de PoesÃa Afundación en 2018. A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado que integraron Yolanda Castaño Pereira; Pablo Otero RodrÃguez; Miriam Ferradans Ferradas; Samuel Merino Gómez e Oriana Méndez Fuentes. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.