A semana trae incorporacións ao palmarés poético coa resolución de dous certames de importancia que ademais repártense entre un escritor cun percorrido consolidado e unha nova voz poética. Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) ven de gañar a XVI edición do Premio de PoesÃa Afundación, á que se presentaron un total de 31 obras. O xurado, composto polos escritores Alba Cid; EstÃbaliz Espinosa; Xosé Ramón Pena; Xabier Castro MartÃnez e LuÃs González Tosar, decidiu que A vida salvaxe de Gonzalo Hermo fose o traballo gañador desta nova edición. A vida salvaxe"ofrece desde a sobriedade e a contención -en palabras do xurado– un regreso á natureza que incorpora o autobiográfico e o metapoético. Esta obra entronca -engaden– con poéticas abertas na creación contemporánea tanto na súa busca do salvaxe coma no recurso dun misticismo estético". O Premio de PoesÃa Afundación implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 6.000 euros. Gonzalo Hermo é licenciado en FiloloxÃa Galega e doutor en LingüÃstica pola USC. Actualmente vive en Cataluña, onde é profesor asociado da Universitat Autònoma de Barcelona e imparte o curso anual de poesÃa da Escuela de Lletres de Tarragona. Recibiu os premios Xuventude Crea da Xunta de Galicia en 2010, o Premio da CrÃtica Galega en 2015 e o Premio Nacional de Literatura na modalidade de PoesÃa Nova Miguel Hernández en 2015. É membro fundador da editora-librerÃa-espazo de creación Chan da Pólvora, con sede en Santiago de Compostela.
O palmarés poético ampliouse coa resolución do V Premio de PoesÃa Gonzalo López Abente a favor da obra O Xiro de Noelia Gómez Calvo, poeta inédita ata agora. O xurado composto polas poetas Eli RÃos, Emma Pedreira e Xesús M. Sambade Soneira, Secretario da Fundación López Abente optou por unanimidade por esta obra da que quixo destacar "a coherencia textual desde o mesmo tÃtulo e pseudónimo que xa nos remiten a un movemento de traslación e rotación. Neste xiro a xinealoxÃa guÃanos desde a formación e o coñecemento das mulleres que nos precederon (nais, avoas, Xohana Torres, Eva Veiga,...) ata o universo do presente, e do futuro, para encaixar as pezas e construÃr, desde a escrita, o medio que nos permita comprender o paso do tempo- e as súas perdas- creando unha nova vÃa na que consigamos renacer", di o xurado na súa acta e aseguran desta obra que "os versos, espidos de calquera requinte estético, acubillan os silencios. Estes espazos nos que predomina a ausencia de barullo están medidos ata a perfección para que a persoa lectora mergulle directamente no texto, para que os faga de seu. Desta forma, quen lea, queira ou non queira, verase atrapada nese convite que nos fai a autora para participar no movemento xiratorio e no xogo textual."