A sección de itinerarios culturais de Icomos, un organismo que asesora a UNESCO en cuestións de patrimonio, celebrará o seu vindeiro encontro anual en Ferrol. Esta xuntanza, que se realizará entre o un e o tres de outubro, levará á cidade cincuenta e tres representantes de diferentes paÃses en Icomos ademais doutros vinte e nove asociados a tÃtulo individual, que debaterán sobre fortificacións, cidades amuralladas e localidades portuarias. O congreso completarase coa celebración dunha exposición sobre o patrimonio da Cidade Departamental.
Máis información en Diario de Ferrol e no web de Icomos