Ferrol contará cun centro de estudo dedicado especificamente ás fortificacións históricas

Patrimonio fortificado

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Centro Internacional de Estudos sobre temas de Fortificacións e Apoios Loxísticos (Ciefal) terá a súa sede en Ferrol a partir do vindeiro outono. O congreso que sobre este tipo de patrimonio se celebrará o vindeiro mes de outubro nesta cidade servirá para asinar o convenio que poña en marcha esta entidade, que ocupará varias dependencias do Centro Torrente Ballester e do Castelo de San Felipe. O novo centro realizará estudos e organizará diferentes actividades para analizar e difundir a importancia das fortificacións coma patrimonio.

Máis información en Diario de Ferrol e en La Voz de Galicia; a nosa noticia sobre o congreso

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Culturagalega, La Voz de Galicia, Castelo de San Felipe...