As iniciativas para favorecer o galego están de actualidade estes dÃas. O Teatro Principal de Compostela acollÃa onte a final dunha nova edición do TÃralle da Lingua. Esta actividade, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega para favorecer o emprego do galego oral, contou coa presenza de cincuenta e un alumnos de toda Galiza que amosaron a súa habilidade contando historias. Na mesma cidade, no Hostal dos Reis Católicos, unha representación do Corpo Nacional de PoesÃa realiza hoxe unha declaración comprometendo este corpo co noso idioma e presentarase un manual en galego para a policÃa cientÃfica. Por outro lado, desde a Universidade de Vigo acaban de convocar o Premio Dorna para premiar sitios web realizados en galego mentres desde a Universidade da Coruña presentaron o premio LuÃsa Villalta para iniciativas normalizadoras no ámbito académico.
Máis información sobre o TÃralle da Lingua en La Voz de Galicia; sobre a proposta da PolicÃa en Galicia Hoxe; sobre o Premio Dorna no Diario da Universidade de Vigo; sobre o premio da Universidade da Coruña en El Ideal Gallego