Os estudantes do Bierzo terán a partir do vindeiro curso máis posibilidades para coñecer o galego. O Director Xeral de PolÃtica LingüÃstica, Xesús Pablo González Moreiras anunciou onte que os estudantes de terceiro da ESO poderán recibir a materia de Ciencias Sociais no noso idioma, do mesmo xeito que os seus compañeiros de cursos inferiores. Alén diso, no cuarto curso de ensino secundario, o galego terá a consideración de materia optativa. Mentres, a Mesa pola Normalización LingüÃstica reclamoulle à Xunta que tome medidas para facilitar o coñecemento e o emprego dos topónimos galegos. Esta organización presentou un relatorio sobre a situación da toponimia do noso paÃs no que denuncia incumprimentos da Lei de Normalización LingüÃstica neste campo.
Máis información en Galicia Hoxe sobre o galego no Bierzo; sobre a reclamación da mesa