Preséntase a obra de Xosé de Cea que gañou o certame "Letras de Cal"

Letras calizas

1/2/2001 | Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
28 lecturas | Compartido 0 veces

O pub Pepa a Loba de Santiago acolleu onte a presentación de "Presencia da fenda" poemario de Xosé de Cea que gañou o certame "Letras de Cal" que convoca a cooperativa editorial do mesmo nome.


O autor e a obra

Xosé de Cea naceu hai trinta anos en Barcelona de pais lucense e actualmente dedícase ó xornalismo logo de ter sido ceramista durante anos. "Presenza da fenda" é o primeiro poemario que publica, cun estilo intimista no que é omnipresente a súa dona Suqui, primerio destinataria da súa poesía. A obra resultou seleccionada entre as trinta e unha que optaban ó premio.

A editorial

Letras de Cal é unha cooperativa editorial que pretende fomentar a difusión da poesía e dos novos poetas galegos. A editora conta xa con doce títulos dos que se fan tiradas de arredor de catrocentos exemplares que se venden por cincocentas pesetas cada un. Os beneficios das obras van destinados na súa integridade a financiar novas edicións. Entre dezaoito poetas membros do consello dae ditoral atopamos nomes coma Enma Couceiro e Rafa Villar entre moitos outros.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé de Cea, Xosé de Cea, Xosé De Cea, Pepa a Loba...