Miguel Anxo Fernández e Martín Ferrand reciben senllos galardóns

Xornalismo, gastronomía, ensaio: Premios

As conmemoracións do vintecinco cabodano de Otero Pedraio comezarán este mesmo xoves e prolongaranse ata o mes de xuño, cun grande congreso que se celebrará en Ourense. O coñecido polígrafo galeguista morreu o 10 de Abril de 1976, Este mesmo xoves "La Voz de Galicia" editará un monográfico sobre a súa figura.

Sempre en Galiza" de ensaio



O profesor Miguel Anxo Fernández recibiu onte o premio "Sempre en Galiza" de ensaio que instituíu este ano o Concello de Pontevedra e que está dotado con dous millóns de pesetas. A obra premiada, "As imaxes de Carlos Velo", é o resultado dun traballo de investigación de cinco anos sobre a obra do cineasta galego. O autor sinalou a importancia de Carlos Velo no cinema galego e quixo dedicarle este premio ó director. O xurado, presidido do Xusto Beramendi destacou a calidade das obras finalistas.













"Álvaro Cunqueiro" de Xornalismo




O xornalista Manuel Martín Ferrand fíxose onte co premio "Álvaro Cunqueiro" de xornalismo gastronómico, dotado con 500.000 pesetas. O xurado valorou especialmente o artigo "Os continuadores de Caramurio" publicado na revista "Blanco y Negro". Na sección dedicada a premiar o labor dunha vida, resultaron premiados Antonia Arnosa, de Casa Toñita, Elena Guitián do restaurante "A Pontenova", Erundina Vázquez de "O Atneno" e Digna Prieto de "O Crisol". Os profesionais da cociña galega recoñecidos foron Marcelo González Tejedor e Juan Manuel Padín Sumarida. A Editorial Compostela recibiu o premio á empresa que mellor promocionou a cociña galega.