Un congreso en Galicia e un coloquio en Barcelona lembran o polígrafo ourensán

Pensando a Pedrayo

As conmemoracións do vintecinco cabodano de Otero pedrayo comezarán este mesmo xoves e prolongaranse ata o mes de xuño, cun grande congreso que se celebrará en Ourense. O coñecido polígrafo galeguista morreu o 10 de Abril de 1976, Este mesmo xoves "La Voz de Galicia" editará un monográfico sobre a súa figura.


Monográfico




A primeira das homenaxes a Otero Pedrayo que se prevén é a edición no número do xoves de "La Voz de Galicia" dun monográfico dedicado á súa figura no que colaboran, entre outros Francisco Fernández del Riego, Xosé Carlos Caneiro, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Salgado, Marcos Valcárcel, Franco Grande, Ramón Villares ou Xusto Beramendi entre outros, coa participación especial de Camilo Fernández Valdeorras, profesor de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Barcelona e grande especialista no escritor de Trasalba. Este monográfico inlcuirá unha ampla biocronoloxía e unha escolla de textos sobre Otero.













Coloquio e congreso



O seguinte acto previsto para lembrar a figura de quen foi definido por Cunqueiro coma "O Goethe da cultura galega" será o coloquio sobre a literatura de ficción de Otero Pedrayo que se celebrará en Barcelona organizado polas áreas de Filoloxía Galega, Románicas, Institut d´Humanitas e o Foro Cívico Galego da cidade. Como colofón, os días 22, 23 e 24 de xuño, Ourense acollerá un congreso organizado pola Fundación Otero Pedrayo e a Consellería de Cultura. Este congreso desenvolverase entre o Edificio Simeón de Ourense e o Pazo de Trasalba, coincidindo co congreso anual que celebra a Fundación.