O Consello da Cultura Galega organiza as III xornadas sobre Casas Museo

Moito máis que catro paredes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Son casas especiais porque nas súas paredes viviron escritores que imprimiron nelas boa parte da súa forma de ser. Por iso, máis que Casas-Museo, son o cerne dun patrimonio inmaterial que cómpre a pena ser estudado. E iso é o que farán Xosé Luís Méndez Ferrín (escritor), María Asunción Mateo (presidenta da Fundación Rafael Alberti), Silvia Longueira (Directora da Fundación Seoane), Gonzalo Rey Lama (Secretario da Fundación Rosalía de Castro) e Antonio Piñeiro (da Fundación Curros Enríquez), entre outros, nas III xornadas "As casas-museo: o patrimonio inmaterial" que organiza o Consello da Cultura Galega os vindeiros 13 e 14 de maio.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Antonio Piñeiro, Méndez Ferrín, Rosalía de Castro...