A presentación do proxecto da Casa de Curros Enríquez inicia as III Xornadas de Casas Museo

As casas botan a andar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín foi o encargado de impartir a primeira conferencia das III Xornadas sobre Casas Museo que comezaron hoxe no Consello da Cultura Galega. Ferrín explicou o proxecto da casa museo de Curros Enriquez, como membro do padroado da fundación que a rexe. O escritor reclamou a necesidade de “encher de pantasmas as casas museo, para crear unha comuñón” entre o visitante e o momento histórico do escritor. Insistiu tamén na necesidade de vencellar a casa co seu contorno e facer consciente a xente do valor das casas coma elemento de identificación da comunidade.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Consello da Cultura Galega, Museos

Claves

Protagonistas
Conceptos