As xornadas "Casas-museo" abordan a función dos fogares de grandes autores

Casas....como museos

As casas dos grandes escritores convértense en moitos casos en improvisados museos. Por este motivo, o Consello da Cultura Galega, en colaboración con ACAMFE, Asociación de Casas-museo e Fundación de Escritores, organiza unha xornadas pioneiras na análise, estudio e reflexión sobre esta nova modalidade museística, que conta en Galicia con vinte mostras.


Programa





As xornadas comezan hoxe ás 9 da mañá e desenvólvese en cinco bloques que analizan diferentes aspectos destas casas museo: a tipoloxía dos museos, a promoción da literatura e cómo lle afecta o reto tecnolóxico. Nas xornadas de hoxe, coordinadas por Gonzalo Rey Lama, Secretario da Fundación Rosalía de Castro, abórdase a tipoloxía museística na que se pode catalogar a este tipo de edificios e a súa identidade cultural. As xornadas, que duran ata o próximo sábado, contan coa presencia de directores de casas de autores, com o Rita Rodríguez da Casa de Fernando Pessoa ou Inmaculada Hernéndez Bena da casa de Federico García Lorca.













As casas e a literatura





A ACAMFE, Asociación de Casas-museo e Fundación de Escritores, acolle casas de escritores, en principio, aínda que logo se diversificará cara artistas de todo tipo. Por eso estas xornadas se centrarán tamén no papel destes edificios na promoción literaria e o papel ante o reto tecnolóxico no papel do libro. Unhas cuestións que destacarán Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia e Xavier Agenjo, director da Biblioteca Menéndez Pelayo.




Presente e futuro



A influencia das novas tecnoloxías tamén afecta a historia e á necesidade deste tipo de eficios. Nese sentido nestas xornadas preténdese analizar os camiños culturais das casa museo, cómo se constitúe e se pon en marcha unha iniciativa deste tipo, así como unha visión de cara o futuro así como os proxectos que serán posibles para realizar.