O Padroado Curros Enríquez convértese en Fundación coa prioridade de abrir un Museo

Curros e os poetas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O legado Curros Enríquez abriu onte unha nova etapa, logo de que o Padroado se converteu en Fundación. Esta nova situación xurídica axudará a propulsar os seus obxectivos que son os promover e difundir a vida e obra de Manuel Curros, así como a conversión da súa casa natal no "Museo dos poetas" para promover a investigación e a divulgación dos poetas celanoveses. A Fundación conta con 27 membros entre os que figuran a tres universidades, as consellarías de Cultura e Educación, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as entidades Caixanova e Caixa Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia (edición Ourense)

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Educación, Real Academia Galega, Caixa Galicia...