Con humor, música, contos ou malabarismos. Todo vale con tal de falar ou verbalizar historias reais, ficticias, de onte, hoxe e sempre. Son as máximas da "Semana da Oralidade" que o Concello de Lugo organiza por segundo ano consecutivo. Cinco dÃas nos que a maxia do conto encherá numerosos os espazos para soñar con mundos irreais a través das palabras de artistas como Cándido Pazó, Jose Mari Carrere ou Celso fernández. A falar!
O ano pasado o Concello de Lugo iniciou unha curiosa celebración. Dedicar unha semana a homenaxear a transmisión da cultura tradicional galega a través do relato oral. O resultado foron cinco dÃas de contos, historias e maxia a través das palabras de artistas como Quico Cadaval ou Carlos Blanco.
Cuestión de palabras
Este ano, en vista da boa acollida e como un dos actos para conmemorar o DÃa do Libro, o concello lucense quixo repetir experiencia. Pero non son só cinco dÃas para soñar a través das palabras, senón que é unha experiencia que completa o que xa é habitual en Lugo. Cándido Pazó, un dos artistas presentes na II Semana aclara que "en Lugo hai unha serie de locais que teñen o hábito programar este tipo de actos, e isto é como un complemento de xeito agrupado, que trae a figuras tradicionais importantes e que ofrece outro sentido de amosar outras formas de oralidade". Non podemos esquecer que o idioma encarna a cosmovisión do paÃs que lle dá orixe, por iso, ao haber contacontos chegados de diferentes partes, poderanse recrear outros mundos, outras culturas. E soamente coas palabras.
A palabra é a materia prima coa que traballan artistas como Cándido Pazó, José Mari Carrere, Celso Fernández ou Ana Carreira. Pero poden acompañar a súa voz con elementos externos para darlle riqueza ao seu relato, neste sentido Antón Castro, compoñente de "Fuxan os ventos" e un dos organizadores da semana, explica que fixeron unha escolma de artistas destinada a conxugar todos os estilos da narración oral. "Os lucenses terán a oportunidade de escoitar relatos narrados ao estilo máis sinxelo e tradicional, mais tamén os impregnados en todo momento das técnicas do humor, os que están ilustrados con instrumentación musical, contos nos que a interpretación xoga un papel fundamental e mesmo relatos adornados con malabarismos".
En resumidas contas, isto depende da filosofÃa de traballo do propio actor. "Eu podo empregar ás veces elementos pequenos como barcos de papel, ou paraugas, mais de atrezzo, explica Cándido Pazó; hai xente que si, que canta, toca algún instrumento, mais nin é o meu caso nin o da maiorÃa dos narradores". Como tamén queda á liberdade de cada un, a forma na que se enfronta ao público no escenario. "Depende do estilo, explica Pazó, pero no meu caso cambio sobre a marcha. Nunca sei a priori o que vou contar, coido que a palabra é moi maleábel para xogar con ela sobre a marcha en función da reacción do público. AÃnda asÃ, outros cuenteros teñen outros estilos".
Entre a diversión e a educación
Narrar a viva voz é tan vello como a propia historia da humanidade. Unha forma de comunicación que está a medio camiño entre unha función didáctica (transmisión de coñecementos) e lúdica (divertir a un auditorio). Como forma de exposición de ideas ou feitos, é unha utilidade apta para todo o mundo, mais para o segundo cómpre ter unha capacidade innata. Cándido Pazó aclara que isto é coma todo, xa que é que sexa unha habilidade propia que hai que desenvolver ben coa práctica ben a través de cursos ou seminarios. Pazó aclara "hai tres requisitos innatos como son: en primeiro lugar, capacidade para almacenar na memoria; segundo, convértela en material comunicábel e terceiro, ter unha capacidade de uso lingüÃstico" .
Experiencias contadas
Mais non só cómpre unha boa dicción, senón que a maiores hai que ter algo que contar. E as fontes ás que recorre cada artista son tamén propias de cada artista en función do que quere contar ou do estilo adoptado para as súas actuacións. Cándido Pazó ten tres fontes "a literatura en formatos breves que poidan ser traballábeis (ou extractos de formatos non tan breves que podo amoldar ao meu discurso) o dÃa a dÃa, con experiencias que me contan, ou cousas que me pasan a min, o dÃa a dÃa actual, ou o dÃa a dÃa da memoria (con cousas que me chegan a través de testemuños) que é o material co que traballo cada vez con máis frecuencia".