As Consellarías de Educación e de Cultura presentan os materiais para celebrar o Día das Letras dedicado a Xocas

Levarlle Xocas á xente

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un vídeo, un disco compacto, exposicións, unidades didácticas e libros de contos son os materiais cos que a Xunta de Galicia quere difundir a figura de Xaquín Lorenzo “Xocas” entra a poboación. Entre os materiais, especialmente dirixidos para os máis pequenos e editados está o libro “Catro contos para unha data” que recolle obras de Fina Casalderrei, Marica Campo, Agustín Fernández Paz e Paco Martín. Nas librarías tamén se distribuirá de balde o libro “De Rosalía a Xaquín Lorenzo”. En canto ao material didáctico, publicáronse cadernos relacionando o traballo de Xocas coa área de Tecnoloxía da ESO, unha unidade didáctica sobre o encaixe e outra sobre o Museo de Historia Natural Luís Iglesias.

Máis información en La Voz de Galicia e en Diario de Ferrol e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito