Homenaxes, premios e presentacións enchen toda Galicia do legado de Xaquín Lorenzo

Resaca de letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Pasou o día L, o día das Letras Galegas, deixando tras de si un regueiro de presentacións editoriais e homenaxes con nome propio: o de Xaquín Lorenzo Fernández, o Xocas. Para celebrar a efeméride houbo actos para todos os gustos, Entre os actos destacou o recital poético que encheu as rúas da Coruña, o primeiro "bookcrossing" masivo de toda Galicia que tivo lugar en Pontevedra, sen esquecer o acto institucional que tivo lugar en Ourense. Alí, A Real Academia Galega destacou a dedicación de Xocas a Galicia a quen cualificou de herdeiro da Xeración Nós. En Ourense as actividades organizadas ían desde unha ofrenda floral ante a tumba de Xocas alén dunha mostra de carros. Por outro lado, en Santiago a Mesa pola Normalización organizou un acto na Praza do Obradoiro no que despregou unha pancarta de 25 metros en defensa do ensino en galego.

Máis información sobre os actos da RAG en La Voz de Galicia  e El Correo Gallego , sobre o bookcrossing no seu web e no web de A Mesa

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xocas, Xaquín Lorenzo, Ourense, Resaca...