Variados actos culturais e sociais celébranse por toda Galicia o Día das Letras Galegas

O día G

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Mañá é 17 de maio e o Día das Letras Galegas deixa gran cantidade e diversidade de actos en numerosos puntos. A Real Academia Galega homenaxeará a Avilés cunha ofrenda floral en Noia á que lle segue o habitual plenario dos académicos. Pola súa banda a Mesa, BNG, CIG e CCOO teñen convocado para mañá ás 12 en Santiago unha manifestación baixo o lema “Outra política lingüística é posíbel”. Presentacións de libros, discos, concertos e festas completan os actos, aos que se suman os xornais que ofrecen libros para dar a coñecer a figura de Avilés.

Máis información sobre o manifesto no web de A Mesa; sobre os actos na provincia de Ourense en La Región; a Festa da Lingua do MDL (Movemento de Defesa da Língua) en Pontevedra e unha completa listaxe de actos en Vieiros

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Día das Letras Galegas, Vieiros, Política Lingüística...