A Estrada honra a Cabada Vázquez e a asociación Medulio a Bouza Brey

De homenaxe

Coa misa que se celebrará o domingo en Codeseda (A Estrada), comezará o ano adicado ó poeta Cabada Vázquez. E pola súa parte, a ferrolana asociación Medulio centra as súas actividades para este ano no tamén poeta e antropólogo Fermín Bouza Brey.


Honras para Cabada Vázquez




Unha misa, oficiada polo seu sobriño, o xesuíta Manuel Cabada, unha ofrenda floral e unha placa son os actos de inicio do homenaxe a Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936). Os actos celebraranse en Codeseda a localidade natal do homenaxeado e a onde foron trasladados os seus restos en 1964 logo de que morrera en Linares (Jaén). A homenaxe está organizada pola Asociación de Fillos e Amigos de A Estrada así como a Fundación Cultural da parroquia de Tabeirós. O poeta Cabada foi autro dunha versióngalega do Catecismo do Padre Astete, que permanece inédita, ademais de ser colaborador asiduo en revistas e xornais como "El Emigrado", "Viga Gallega", "Nós", "Céltiga"... ademais de publicar en 1931 "Vagalumes", libro de versos de temática decimonónica. Dentro dos actos programados para este ano destacan a conferencia de Xesús Alonso Montero, o día 9 de febreiro, así como a edición completa da súa obra recollida polo seu sobriño no Día das Letras Galegas.














E en Ferrol, Medulio con Bouza Brey


Pola súa banda, a asociación cultural Medulio perfila os actos para este ano 2001. Un programa que está centrado en dous eixos; nun primeiro lugar nunha homenaxe a Fermín Bouza Brey no centenario do seu nacemento e, en segundo lugar prepara actividades de acercamento do galego a diferentes ámbitos da vida cotiá, dende a administración ata a xustiza. Un feito que coincide co feito de que este ano se celebra o ano europeo das linguas