Río Barja recibe o Premio Otero Pedrayo e David Souto o Bouza Brey

Otero Brey

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O humanista e xeógrafo lucense Francisco Xavier Río Barja acaba de resultar premiado co Otero Pedrayo 2007. Un galardón que concede a Deputación Provincial de Lugo e que valorou o seu traballo académico en prol do idioma. Canda este premio, esta fin de semana tamén se fallou o Fermín Bouza Brey. Un galardón que recaeu no vilagarcían David Souto Alcalde polo seu poemario“A árbore seca”. O premio, dotado con 3.000 euros, entregarase o vindeiro xoves, Día das Letras Galegas.

Máis información en La Voz de Galicia sobre Premio Otero Pedrayo e en Galicia Hoxe o Fermín Bouza Brey

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Galicia Hoxe, Deputación Provincial, Vieiros...