“O xurado considera que a convocatoria non debeu de chegar ao mundo literario galego, o que explica a baixa participación de orixinais” . Así reza a nota do xurado do V Premio Fermín Bouza Brey que concede o Concello de Vilagarcía. Este ano presentáronse só doce obras (dúas incumprían as bases), unha cifra que está moi lonxe das 52 de anteriores edicións. Os tres mil euros do premio resérvanse para a vindeira convocatoria que contará cunha contía de 6.000 euros.
Deserto o V Premio de poesía Fermín Bouza-Brey
A contía do galardón desta edición sumaráse á da próxima
15 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Lugares