Roberto Mera faise co IX Premio de Investigación Fermín Bouza Brey

A súa proposta para elaborar unha biografía de Amando Garra reportoulle 3.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Concello de Ponteareas deu a coñecer este 31 de marzo o fallo do IX Premio de Investigación Fermín Bouza Brey. O xurado seleccionou a proposta de investigación que presentou Roberto Mera para elaborar unha biografía sobre Amado Garra Castellanzuelo. O xurado destacou que este é "un interesantísimo proxecto biográfico" encol da figura deste ponteareán. O gañador disporá agora de seis meses e de 3.000 euros en metálico para desenvolver a súa proposta.

O fallo destaca ademais o carácter inédito do proxecto xa que ata o momento só existen publicacións sobre aspectos puntuais da vida de Garra na forma de artigos. Este avogado e xornalista foi un dos principais dirixentes do agrarismo e líder do republicanismo na provincia de Pontevedra no comezo do século XX.

O xurado destaca que o proxecto de Mera "permitirá coñecer máis os movementos sociopolíticos transcendentais no primeiro terzo do século XX, como foron o agrarismo, o republicanismo, o xornalismo como ferramenta propagandística ou as relacións con Portugal, dinámicas das que Ponteareas, a través de Amado Garra, foi un dos seus epicentros".

Mera proponse facer un repaso das fontes de información sobre este persoeiro, cun particular peso da hemerográficas, ademais de visitas a arquivos de Portugal, Galicia e outros lugares do Estado onde existe información encol da figura. O xurado do certame estivo composto por Clodio González, Silvestre Gómez Xurxo, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, Alfonso Caride, Gonzalo Fernández e Fernando Groba.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ponteareas, Silvestre Gómez Xurxo, Xornalismo, Portugal...

Claves

Protagonistas
Conceptos