O V Congreso de Editores de España laudará a Fernández del Riego, Isla Couto e Díaz Pardo

Editores de onte, hoxe e mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Isaac Díaz Pardo recibirán unha homenaxe durante o V Congreso da Asociación Española de Editores, que vai celebrarse en Santiago entre o 13 e 15 de maio organizada pola Asociación Galega de Editores. O congreso, que reunirá a 350 editores neses días baixo o título “A edición e a lectura”, abrirao a conferencia de Ignacio Ramonet e pecharao a de Suso de Toro. No medio, tres días cargados de obradoiros, debates e comunicacións, alén da devandita Homenaxe á edición histórica de Galicia na que Víctor F. Freixanes actuará como presentador e na que o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, laudará aos homenaxeados.

Máis información no Programa (provisional) do V Congreso de Editores

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Xosé Ramón Barreiro, Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo...