O congreso bianual de editores do Estado reunirá en Santiago a 250 profesionais do sector

V Congreso de editores do Estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) elixiu Santiago como sede para o Congreso bianual de editores que organizan e que vai pola súa quinta edición. Entre os días 13 e 15 de maio acudiran á capital galega 250 representantes de editoriais de todo o Estado alén dalgúns de editoriais doutros países europeos e americanos. Para o tempo de lecer os editores teñen programada unha visita á cidade de Pontevedra, para o cal a presidenta da Asociación Galega de Editores, Fabiola Sotelo, tivo o pasado mércores unha reunión co alcalde Lores e co Concelleiro de Cultura, Luis Bará, aos que agradeceu as facilidades que daban á visita dos participantes no congreso.

Máis información no Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Federación de Gremios de Editores, Diario de Pontevedra, Asociación Galega de Editores