O Consello de Ministros regulou o pasado venres a ordenación definitiva da televisión local en España. E fÃxoo coa aprobación do Plan Técnico Nacional de Televisión Dixital que estabelece o número de demarcacións (226) entre as frecuencias dispoñÃbeis e as peticións das comunidades autónomas. Galicia terá 20 concesións de televisión dixital cuxos concursos serán convocados e resoltos polas comunidades autónomas. Cada emisora terá unha canle múltiple con capacidade para catro programas, dos que poderán ser titulares os concellos. As emisións comezarán antes do vindeiro 1 de xaneiro e deberán acadar unha cobertura do 50% da poboación do seu ámbito territorial.
Máis información en La Voz de Galicia