Antonio Gala e Luis Eduardo Aute: plato forte da programación Vigocultura 2001

Vigocultura 2001

4/1/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
10 lecturas | Compartido 0 veces
Concha Velasco, Encarna Paso, Joaquín Luna e Antonio Rosa e Luis Eduardo Aute son algunhas das figuras máis destacadas que visitarán Vigo este semestre. Son algúns dos nomes que forman parte de Vigocultura 2001, o programa para este ano que organiza o Centro Cultural Caixanova.
"As mazás do venres"


A temporada comezará o próximo día 18 cando o Teatro do Centro Cultural de Caixanova acolle a representación de "As mazás do venres". Unha obra teatral baseada nunha obra de Antonio Gala e dirxida por Francisco Marsó que narra a historia de Orosia Valés, unha empresaria rica e acomodada que salta ás portadas do papel cuché cando inicia unha relación cun amante moito máis nova que ela. Unha obra interpretada por Encarna Paso, Joaquín Luna e Concha Velasco que chega a Vigo logo de se representar por escenarios de toda España e de Galicia.


Luis Eduardo Aute



A programación do Centro Cultural Caixanova en Vigo para este primeiro semestre inclúe, ademais, outro plato forte. É o concerto de Luis Eduardo Aute qeu se celebrará o próximo día 19 e que chegará a Vigo para presentar cancións de "Mira que es canalla", no que colaboraron varios artistas e amigos. Aute participará ademais o próximo mes de abril nunha homenaxe que se realizará ó recentemente finado Carlos Cano en Granada.




...e seguimos


Ademais, o programa deste semestre conta con máis teatro. Para empezar os días 13 e 14 a Teatro Atlántico rerpesentará a obra "Sólo para Paquita", mentres que os 27 e 28 a "Compañía Teatro do Noroeste" representará a súa versión traducida "A Celestina".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados