Vigocultura acollerá 29 funcións escénicas ao longo do outono

O ciclo desenvólvese entre o 23 de setembro e o final de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Vigocultura acollerá 29 funcións escénicas ao longo do outono

Un total de 19 compañías participarán de Vigocultura, ciclo de artes escénicas do Concello Olívico que achegará 29 funcións para todos os públicos ao longo deste outono. Entre o 23 de setembro e a última fin de semana de novembro, o programa dará a coñecer o traballo de 12 compañías galegas, 5 do resto de España e 2 portuguesas, a incluír 3 estreas mundiais e 2 estreas en Galicia.

Teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés mestúranse no programa, que bota a andar co pasarrúas da compañías O estraño caso do dentista da rúa Brasov pola rúa do Príncipe os días 23 e 24. Como novidade, esta edición inclúe unha función ao aire libre na Praza do Rei do espectáculo de danza Technocracia da compañía Funboa Escénica.

As compañías debutantes Mevadeus, con Outra nós, NegroLópez, que presenta Backstage e mais De Ste Xeito Producións, que leva a escena Backup, a resurrección de Nuno corren coas estreas absolutas do ciclo. As obras que se poderán ver por vez primeira no país serán Freak da compañía madrileña Amor Producciones e Magallanes y el Cano coprodución da compañía portuguesa Ajidanha e Eme2 Emocion&Arte.

Canda a elas poderán verse montaxes como El viento es salvaje de Las Niñas de Cádiz, Continente María de A Quinta do Cuadrante e Ainé Producións, Morte accidental dun anarquista de Talía Teatro, ou Golfa de Primera Toma e Crémilo.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Espectáculo, Danza, Teatro...