O Centro Dramático Galego anuncia a estrea de “O ano do cometa”, a adaptación de Cunqueiro que dirixe Kiko Cadaval

Día do Cometa

9/3/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“O ano do cometa”, a versión teatral da novela homónima que Álvaro Cunqueiro escribiu en castelán, poderá verse nos escenarios a partir do vindeiro sábado. É esta a data na que o Centro Dramático Galego presenta esta obra, dirixida por Kiko Cadaval, que xa se enfrontara co mindoniense na adaptación de “Se o vello Simbad volvese ás Illas”. Será no Salón Teatro de Compostela até o vindeiro once de abril, cando comezará a xira do espectáculo. Está prevista tamén unha versión en español que fará xira por cidades de todo o estado.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do CDG

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Álvaro Cunqueiro, Teatro, Espectáculo...