Levar soños ao escenario é sempre algo complicado. Cando eses soños corresponden aos dun criador da talla de Cunqueiro, o proceso non se simplifica. "O Ano do Cometa" é o último intento de facelo. Quico Cadaval guioniza e dirixe a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), enfrontándose a unha das máis fragmentarias novelas do mindoniense.
Unha loita entre o soño e a realidade. Un emisario entre os dous mundos. Unha muller que agarda por el. Un home que busca un traballo no concello para poder casar. Personaxes míticos desmitificados. Unha fonda saudade. Risas e traxedia. É difícil resumir "El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes", a novela que Álvaro Cunqueiro publicou en español no ano 1974. Considerada o seu testamento literario, a obra constitúe unha fonda reflexión sobre os soños e a realidade, no que se albisca un forte pesimismo ante a morte. Esta obra non vira aínda unha versión no noso idioma, aínda que un ano antes da publicación, o número corenta e un da revista "Grial" recollía o texto "Comezando por un morto", que sería logo o primeiro prólogo da novela. "Un texto decisivo e configurador da forma e do significado da obra total", segundo sinala César Morán no texto que se inclúe no programa da obra.
O comezo
Hai aproximadamente un ano e medio Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego, chamou a Quico Cadaval, actor, contacontos e encargado da anterior adaptación que o CDG fixera sobre Cunqueiro. "Díxenlle a Quico "proponme un Cunqueiro" e cría que seguramente optaría por adaptar o Sochantre", lembra Guede. Entre as razóns de preparar unha nova versión teatral de Cunqueiro para este ano estaba o quinto aniversario da representación de "Se o vello Simbad voltase ás illas" que inaugurara o Salón Teatro, sede do CDG, en 1999. "Ademais, o 2004 é ano Xacobeo, coma o 99 e pareceunos axeitado voltar a Cunqueiro noutro Ano Santo", sinala Guede. Cadaval aceptou a encarga, mais, en lugar de ir polo Sochantre, lanzouse a adaptar "El año del cometa". "Foi iso que se chama vulgarmente flechazo", explica, "o ano do cometa é unha obra que me impresionara moito, é onde Cunqueiro fai unha declaración máis apaixonada de teatralidade,e o libro pedía facerse teatro". Ademais "tiña a tristeza de que unha das miñas obras preferidas de Cunqueiro non estivese en galego", lembra Cadaval. Con esta adaptación, Cunqueiro convértese no autor que máis montaxes tivo na historia do CDG, con catro adaptacións.
A adaptación
Aceptada a encarga, comezou o traballo de escrita dramática. "O que fixen foi reescribir a historia de memoria e logo fun relendo a obra de Cunqueiro en galego para procurar manter a mesma fraseoloxía, prosodia e rítmica, e despois consultaba a novela orixinal", explica Cadaval como foi o proceso de dramatización. César Moran, especialista na obra de Cunqueiro, revisou todo o texto e afinou aínda máis a linguaxe para adaptala á do mindoniense "cousas tan simples coma que en Cunqueiro ninguén di a palabra si, á pregunta ves tomar un viño? responden mellor dous ou vou, mais nunca un simple si", apunta o director. "Pódese facer unha obra convencional sobre Cunqueiro pero sería ir contra a propia forma de Cunqueiro", sinala Cadaval, alén diso "os seus personaxes son sempre narradores de si mesmos, non conta o que viven, senón como contan o que viviron, e dentro diso falan doutra personaxe que de repente toma a palabra, e iso é tremendamente teatral porque a palabra está na boca das personaxes constantemente mais non dun xeito convencional." No mesmo sentido, o actor Marcos Orsi apunta unha das grandes dificultades de adaptar a novela, "no libro les e se te perdes podes voltar atrás, no teatro ao espectador tenlle que quedar a esencia dos monólogos á primeira".
"Cunqueiro non ten esa estrutura na que todo parece verdade, Cunqueiro é peor: É verdade", sentenza Cadaval.
A produción do soño
Despois da escrita comezou o proceso de produción, coordinada, como é habitual nas produción do CDG, por Francisco Oti, que explica o proceso. "É o propio director o que escolle o equipo conforme a idea que pode ter sobre a representación do texto", sinala "chama aos membros do equipo que el quere conformar e que se encarga de definir aquelas cousas ás que el coma director non pode atender". Deste xeito o Cadaval escolleu a escenografía a cargo de Baltasar Patiño, o vestiario de Carlos Alonso ou a música de Bernardo Martínez para ambientar a obra do mindoniense. Ou a Xosé Manuel Oliveira "Pico" para facer de Cónsul, de Rei Artur e de Xulio César. "É o afinador dos actores galegos, el sabe subir a un escenario e falar e os demais actores falan a respecto del", sinala Cadaval, que agradeceu que "todos os actores aos que convidei a participar aceptaron a encarga". Onda Pico, nomes coma Evaristo Calvo, Xan Casas, Susana Dans, Manuel Millán ou Marcos Orsi participan na montaxe. As solucións escenográficas vanse probando mediante o proceso de proba-erro, "é un proceso empírico, un método artesanal e as cousas comezan dunha maneira e acaban doutra" apunta Oti. "a proba definitiva son os ensaios, é aí cando se proban as realizacións, e se ven as modificacións, nos ensaios aínda se poden facer bastantes cambios". O orzamento con que contou Cadaval para desenvolver este proxecto foi o habitual nos espectáculos do CDG, que rolda os 40.400 euros para gastos de produción e de distribución.
A xira do cometa
Aínda que a estrea estaba prevista para o pasado trece de marzo, os lutuosos acontecementos de Madrid levaron a que se atrasase unha semana, e finalmente foi o pasado día 19 cando se erguía o pano no Salón Teatro de Compostela e o público podía ver o resultado deste ano e medio de traballo. A obra continuará neste escenario até o vindeiro día once de abril. A partir deste momento o cometa pasará por Vigo, Noia, Narón, A Estrada, Vilagarcía, Ourense, Tui, Pontevedra e Lugo, haberá que ver os resultados, pois, como o propio Cunqueiro dicía, "é sabido que cando o cometa pasa, os tesouros enterrados tremen e descóbrense ".

Galeria: "O ano da cometa"
Os cónsules deliberan ante o garda municipal
Galeria: "O ano da cometa"
Os cónsules anímanse a tocar coa banda
Galeria: "O ano da cometa"
O correo Mihail Strogoff entrega en Lucerna a mensaxe que explica os efectos do cometa
Galeria: "O ano da cometa"
Paulos négase a que o seu futuro sogro amose a dote de María