Cultura investirá nos vindeiros catro anos na recuperación do patrimonio

Son dez mil

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

O Goberno galego que acaba de clausurar o seu retiro no mosteiro de San Clodio pretende recuperar o patrimonio galego. Divido en catro liñas de actuación - mosteiros, arqueoloxía, museos e actuacións complementarias- a Consellería de cultura pretende invertir 10.000 millóns nos próximos catro anos.

Catro liñas de actuación


En catro frontes pretende actuar a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para a recuperación, mantenemento e posta en valor do patrimonio cultural. A primeira delas atende ó "Plan de intervención dos mosteiros", que supón un investimento de dous mil millóns de pesetas. Unha cantidade que se repartirá entre mosteriros e conventos en uso, reahabilitación de cenobios abandoados, conservación e mantenemento de mosteiros de menor tamaño e consolidación e mantemento dos que se atopan en ruina. A segunda liña de actuación afecta á rede de patrimonio arqueolóxico, que suporá un investimento superior ós tres mil millóns de pesetas. Unha cantidade que se destina a parques arqueolóxicos, restos visitables e centros de exposición. As outras vías de actuación son, por unha banda, o "Programa de intervención en museos, arquvos e actuacións", e pola outra actuacións complementarias da Consellería.




Actividades de xuño a novembro


Un total de 1.300 actividades, englobadas baixo o título "Viva o Milenio", animarán culturalmente as actividades culturais entre xuño e novembro. Un programa de actividades entre os que destaca o "III Festival de Música de Galicia".

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Consellería de Cultura, Arqueoloxía, Goberno Galego...