San Clodio obtén a "Q" de calidade e Turespaña fala da rehabilitación de Monforte

Letras con palabras

O patrimonio e os mosteiros son noticia estes días. Cada un deles por motivos ben diferentes. Por unha banda o recén rehabilitado mosteiro de San Clodio acaba de recibir a letra "Q" de Cualidade Turística que recompensa a excelencia e a calidade dos servicios e instalacións. E en Monforte os ánimos van por camiños ben diferentes. Logo das críticas feitas sobre cómo se estaban a levar cabo os labores de rehabilitación, os directores de Turespaña e de Patrimonio da Xunta saíron ó paso para explicar o proceso.

Calidade escríbese con Q

O mosteiro de San Clodio acaba de ser distinguido coa letra "Q". E este mérito que concede o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) concede a todos os establecementos que levan a cabo unha sólida política de control de productos e instalacións. Deste xeito, cunha letra recompénsase a excelencia dunhas instalacións que sufriron a cabo as deterioradas instalacións do mosteiro de San Clodio.
Esta letra supón máis que a garantía e o recoñecemento do propio aval e prestixio que a súa denominación incorpora. De feito, isto implicará un novo cambio e unha evolución que afectará ás futuras decisións e ó futuro da propia entidade. De feito, coa distinción da "Q", o mosteiro de San Clodio ten a posibilidade de abrir novos mercados internacionais ó mesmo tempo qe se consolida como un dos iconos de Galicia.











Explicacións


Hai pouco máis dun mes a Asociación "Amigos da Muralla" de Monforte denunciou que as obras do futuro parador, situado no antigo mosteiro de San Vicente e no pazo condal, están a danar o conxunto monumental da vila. Unhas críticas que se centraban en que foran derrubadas a escaleira neoclásica, unha balaustradado mosteiro e que a sancristía do SXVI foi totalmente derrubada. No mesmo tempo no que saíran esas acusacións a Dirección Xeral de Patrimonio sinalou que o conxunto monumental de Monforte depende da Administración Central por estar declarado como Ben de Interese Nacional. Para aclarar toda esta situación, onte o director xeral de Turespaña e o director Xeral de Patrimonio da Xunta, Ángel Sicart tiveron unha xuntanza cos medios de comunicación e cos grupos políticos na que explicaron as medidas. Xunto con eles estaban o arquitecto autor do proxecto, Carlos Fernández-Cuenca, e os responsables da empresa Comsa que fixeron unha viista guiada na que foron explicando como as instalacións se foron adaptando para poder cumplir as normativas hoteleiras específicas a instalacións deste calibre.
Ademais, os representantes de Turespaña quiexoeron deixar claro que as obras de resaturación de San Vicente se estaban desenvolvendo estrictamente á legalidade e con colaboración coas institucións autonómica e municipal e con prevalencia dos cirterios de restauración e calidade da oferta e servicios do futuro parador.