A Universidade de Vigo é a que menos cartos recibe a través de convenios coa administración

Cartos por convenio

Excluíndo a subvención incondicionada, que serve para pagar gastos de persoal e funcionamento, o sistema universitario recibe da administración cartos por outras vías. É a través dos convenios que asina coas diferentes consellarías para investimentos e programas de investigación. No último semestre, segundo un informe da Xunta, a entidade máis favorecida foi a Universidade de Santiago (5.5 millóns), seguida da Coruña (2.8 millóns) e por ultimo a de Vigo (2.8 millóns). Nese informe tamén se destaca que o convenio cun orzamento máis alto foi o subscrito coa USC para construír o Campus da Saúde na Choupana.

Máis información en La Voz de Galicia , El Correo Gallego e na edición de hoxe do Faro de Vigo