A editorial Xerais, en colaboración coa Universidade de Vigo e coa Xunta, vén de publicar Premio 2003 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, un volume que recolle os textos gañadores da convocatoria deste galardón no ano 2003. O libro preséntase como unha verdadeira plataforma para as novas promesas da creación literaria. No caso dos relatos os lectores poderán ler Todos estrañan a Daniel de Robert Duif, Tan doado de Manuel Álvarez, 20:33 (Outro máis de trens) de Jacobo Díaz, Insomne de Pablo Otero e Os abaladores de Soavela de Daniel González. Cinco creacións compoñen o apartado de poesía: Roupa a secar ao sol de Alba Vidal, Tres mulleres e un finxidor de Iago Castro; Poemas para días verticais de Silvia Pena; Leda Ophelia ofuscada de Beatriz Lorenzo e A mares de Antonio Millán. No que se refire á tradución este volume acolle as versións en galego de Chronica Hermirici, Curutos treboentos e O corvo ,de Edgar Allan Poe.
Máis información no Duvi