Os alumnos acapararon este ano os premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo

Aprobados en literatura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Os reinos da conciencia”, relato dun amor imposible escrito en monólogos de cada un dos personaxes, de Alberto Rodríguez Díaz, foi o texto gañador dos premios de Relato Curto. Silvia Penas recolleu o premio de poesía co texto “Neste bosque”, “unha apoloxía á rebeldía, ao amor, ao paso do tempo e, sobre todo, á memoria como pobo”, comentaba ao remate do acto. Cándido Domínguez, estudante de Enxeñería Técnica Industrial foi o gañador do 2º accésit de poesía. No caso dos Premios á Tradución, foi Isabel Arjones a gañadora do Premio de Tradución pola versión en galego do texto en inglés Meles vulgaris de Patrick Boyle e pertencente á obraThe Irish Book of Short Stories. Xoan Montero, membro do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, foi o único profesor galardoado. Recibiu un accésit pola tradución ao galego da obra portuguesa O nó estatístico de Mário de Carvalho.

Máis información no Duvi

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Poesía, Universidade de Vigo, Literatura...

Claves

Protagonistas
Lugares