A revista “Trama” dedica no seu número trinta e tres unha ampla reportaxe á BD Galega

A Trama galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O peche de Golfiño sérvelle de arranque á revista “Trama” para realizar unha reportaxe de sete páxinas, asinada por Javier Zalbidegoitia, na que analiza a situación da BD galega. Proxectos coma Polaqia ou BD Banda e autores coma Kike Benlloch, Kiko da Silva, Jano ou David Rubín dan a súa opinión sobre como vai o medio no país. “Trama” é unha publicación da editorial vasca Astiberri que se distribúe gratuitamente en tendas especializadas de todo o Estado e vai xa polo número trinta e tres.

Máis información no web de Astiberri

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astiberri, Kike Benlloch, Kiko da Silva, David Rubín...