A USC terá que indemnizar á familia de Camilo Otero por 277 cadros que se queimaron cando preparaba unha exposición

Cadros que arden

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Tribunal Supremo acaba de agravar a situación económica da USC cun fallo no que obriga á institución académica a pagar 211.300 euros aos herdeiros do pintor e escultor Camilo Otero (Santiago, 1932-2003). Na primavera de 1992, a USC decidiu facer unha exposición monográfica sobre o pintor. O artista cedeu 277 que estaban depositados nun taller en Vigo, esperando para ser enmarcados, cando se declarou un incendio no que se perderon todos os obxectos. Aínda que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia eximiu de toda responsabilidade á Universidade de Santiago, o Tribunal Supremo condénaa ao interpretar que houbo unha relación xurdídica de “comodato” entre a USC e o pintor.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Tribunal Supremo, La Voz de Galicia, Vigo

Claves

Lugares