Arqueólogos descobren novas inscricións de orixe indíxena nas escavacións de San Cibrán de Lás

SADVLAV

23/2/2004 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Historia
2 lecturas | Compartido 0 veces
“Sadvlav” é a misteriosa palabra que se atopou nunha inscrición no castro de San Cibrán de Las e que, segundo Iolanda Álvarez, codirectora da empresa Arqueos Terra, “están escritas con caracteres latinos pero non sabemos aínda ben o que significan, podería ser un nome de persoa”. Non foi a única inscrición que localizou o equipo na acrópole do castro, nunha pequena zona na que xa Florentino López Cuevillas atopara entre 1922 e 1925 outra inscrición no nome castrexo da cidade: “Lansbrica”. Noutro bloque os arqueólogos atoparon catro letras escritas por cada unha das súas caras e nestes momentos están a investigar. O Castro de San Cibrán foi escollido pola Xunta de Galicia como sede do seu Parque Arqueolóxico sobre o castrexo.

Máis información en La Región; sitio persoal sobre Lansbrica

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves