Atopan un trisquel pintado nunha casa de San Cibrán de Las

Sería a primeira destas formas representada con pintura no noroeste

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Trisquel pintado de San Cibrán de Lás

Trisquel pintado de San Cibrán de Lás

É moi habitual atopar nas escavacións en San Cibrán de Lás trisqueis esculpidos en pedra, ubicados na proximidade das portas de entrada. Pero o equipo que está a escavar no vello castro de Lansbrica (San Amaro, Ourense), localizou no interior dunha vivenda un trisquel pintado, non esculpido. Esta sería a primeira representación pictórica desta forma no noroeste. Aínda que está nunha casa do século I d.C.-II d.C., segundo os investigadores pertence unha tradición ben anterior. Lansbrica está a ser escavada con financiamento da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio, Ourense