Comezan os traballos de musealización do Castro de San Cibrao mentres descobren trece mil pezas de cerámica no de Alobre

O centro dos castros

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O comité científico que dirixirá a conversión do Castro de San Cibrao de Las no futuro parque da Rede Arqueolóxica de Galicia comezou esta fin de semana as súas xuntanzas. Para o vindeiro ano está previsto que quede Rematado o centro de interpretación do lugar, desde o que se coordinarán as intervencións noutros dez castros distribuídos por toda a xeografía. Ademais, o castro acollerá un museo especializado nesta época histórica. Por outra banda, no castro de Alobre, en Vilagarcía, apareceron 13.500 pezas de cerámica onda varios útiles de bronce e de ferro. O Concello arousán anunciou esta fin de semana a futura creación dun centro museo ao aire libre do que se considera o núcleo fundacional da vila.

Máis información sobre o castro de San Cibrán en La Región sobre o castro de Alobre Galicia Hoxe " target="_blank">Galicia Hoxe; o noso tema sobre a Rede de Patrimonio Arqueolóxico

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Xeografía, La Región, Culturagalega...