Narón presenta a oferta teatral e Compostela acolle dúas representacións

TeaTRES

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Concello de Narón segue no seu empeño de consolidar a súa oferta teatral de calidade. Nese sentido acaba de presentar a programación para o próximo semestre. E mentres en Compostela a compañía asturiana Teatro Estudio e o grupo xuvenil Tangatutanga Teatro animan as representacións teatrais.

Programación teatral en Narón

Máis cualidade e poñer a venta un bono para dez funcións neste semestre son as dúas características que o Concello de Narón quixo destacar dentro da programación deste primeiro semestre do ano. A principal novidade deste ano é a comercialización dun bono para dez funcións que pretende premiar a fidelidade e que permite reservar as entradas ata media hora antes de cada sesión. A programación foi presentada por Elvira Fontán e Luciano Fernández que son os responsables deste ano.


Compostela teatral

A compañia de Xixón Teatro Estudio inaugura mañá a temporada do Teatro Principal coa súa última aposta "A torta sorte de Perico Galápago". Unha obra que chega a Santiago logo de ser eloxiada por crítica e público e de recibir o premio do festival de teatro de Guadalaxara, dous premios da xente de teatro de Asturias e o premio da Sociedade Xeral de Autores de España. Unha obra que narra os acontecementos dunha familia vistos a través da ollada do seus fillo.
Ademais, a aula de Cultura de Caixa Galicia acolle hoxe ó grupo de teatro xuvenil San Fernando, Tangatutanga que repesenta hoxe, por segunda vez, a obra "Arriba o telón". Unha representación inspirada en textos de Manuel Lourenzo, Calderón de la Barca, Shakespeare, Zorrilla, Quevedo mesturado coa obra de "O que o vento levou".

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Concello de Narón, Manuel Lourenzo, Shakespeare...