O Teatro é o eixo da programación de Vigo e Pontevedra

Anos teatrais

Debido ó éxito de "Vigo en seis actos", o concello de Vigo acaba de considerar o teatro como unha das súas prioridades dentro da programación cultural para este ano. Máis representacións, máis presuposto e máis calidade son as características do novo programa que se acaban de presentar. E mentres, Vigo e Pontevedra acollen sendas representacións teatrais de inicio da temporada.

Vigo 2001


O concello de Vigo acaba de presentar a programación cultural para este 2001. Unha programación na que destaca a duplicación do seu presuposto (con 12 millóns) e a proliferación da oferta teatral. O Teatro Fraga acollerá 12 funcións, repartidas no Festival de Primavera (con 8 obras) e de Outono. Un respaldarazo á dramaturxia logo do éxito acadado do programa Vigo en seis actos celebrado o ano pasado. Os espectáculos teatrais previstos abordarán diferentes formas de representación, dende o humor ata o clásico.


Teatro do Atlántico


Amor, desamor, soedade, desexo e morte son os temas que ata mañá se tratarán en "Só para Paquita", a compañía de Teatro do Atlántico. Acompañía dirxida por Xulio Lago, representa a obra de Ernesto Caballero no Centro Cultural Caixanova de Vigo, traducida por Xulio Pazos e interpretada por María Barcala.


Clown en Pontevedra

Continuando con éxito do festival veraniego da arte interpretativa teatral, o clown, Pontevedra acolle a segunda fase do proxecto. E faino co inicio do curso de prefeccionamento da man do grupo "Good Idea Company" que se desenvolve no Pazo da Cultura de Pontevedra durante tres fines de semana seguidos (12-14, 19-21, e do 26 ó 38). Esta fase que se inicia hoxe, ten unha terceira parte que inclúe unha xira por Galicia coa montaxe final do cruso rpmocionando o "Festival Interancional de Clown" (Festiclown 2001) que se celebra en Pontevedra a finais do mes de xullo.