Naceu hai máis de tres anos en Cedeira e acaba de conveterse na quinta compañÃa residente de Galicia. O grupo de teatro Valverde abre unha nova etapa na súa curta traxectoria grazas ao apoio do concello. Responsables das dúas entidades acaban de presentar un convenio que lle permitirá ser compañÃa residente, o que implica unha montaxe anual e diferentes accións teatrais de carácter dinamizador. A súa primeira obra chamarase Un dÃa especial e servirá para pechar (dÃa 30 de xaneiro) o Festival de Teatro Afeccionado Comedriatrium que se está a denvolver na vila.