As bibliotecas municipais coruñesas alcanzaron no 2003 as súas mellores cotas de asociados e préstamos

A Coruña le máis

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O pasado ano 2003 segue arroxando cifras e porcentaxes significativos. Para as bibliotecas municipais da Coruña foi un dos seus mellores períodos xa que conseguiron superar o seu máximo histórico de socios, que se situaba nos 41.000 aboados, e chegar até os 50.000 socios, o que supón que un de cada cinco coruñeses ten o carné dalgunha das bibliotecas do Concello. As estatísticas demostran que este aumento tivo lóxica repercusión no número de libros prestados que subiu en máis de 50.000 respecto ao ano 2002, situándose en 333.625 volumes prestados. O éxito do 2003 buscará consolidarse e aumentar neste ano, para o cal o Concello ten reservados nos presupostos 70.000 euros para a compra de libros, 16.000 para a adquisición de ordenadores e 38.000 euros para o proxecto da biblioteca de Los Rosales.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, A Coruña, La Voz de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares