As bibliotecas adquiren hoxe unha especial importancia no noso panorama cultural ao celebrar o seu día. Estes centros acollerán actividades de todo tipo para dar a coñecer ao público as súas posibilidades. Así, as bibliotecas municipais da Coruña preparan actuacións musicais. Pola súa banda, a de Pontevedra acollerá esta tarde a presentación do proxecto Bibliotecas Ilustradas da Consellaría de Cultura. Desde de Deputación de Pontevedra fan un balance da súa actividade neste sentido e sinalan o seu obxectivo de ser un referente sobre fondos galegos. A coincidir con esta data, chéganos o anuncio da cesión dos dez mil volumes da biblioteca do Cronista Oficial de Ourense, Anselmo López Morais, a esta cidade.
Máis información no web das bibliotecas da Coruña; Rede de Bibliotecas de Galicia; a biblioteca da Deputación de Pontevedra en El Correo Gallego; o noso tema sobre novos modelos de bibliotecas; o noso tema sobre bibliotecas e banda deseñada o noso temasobre o novo Plan de Lectura