A metade dos servizos bibliotecarios de Vigo dependen da Universidade segundo un estudo do Concello olívico

Bibliotecas a quince minutos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
No estudo "Situación bibliotecaria do Concello de Vigo" presentado polo concelleiro de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, conclúese que só o 31% da poboación viguesa utiliza as bibliotecas da cidade e que faltan bibliotecas públicas, circunstancia que o Goberno local quere paliar cunha rede de centros cuxo nivel máis baixo estará nas bibliotecas de proximidade co obxectivo de que todos os vigueses poidan acceder a pé a unha biblioteca nun máximo de 15 minutos. Unha da situacións que deixa claro o estudo é a enorme importancia que ten a Universidade nos servizos bibliotecarios de Vigo, ofertando o 61% da superficie de bibliotecas, o 62% dos seus postos de lectura, o 33% dos ordenadores de uso público, o 46% dos volumes e o 61% das publicacións periódicas.

Máis información no Xornal do Concello

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Concello de Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares