Xosé Carlos Gómez Alfaro faise co premio de poesía Cidade de Ourense

Alba poética

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A vixésima edición do premio de poesía “Cidade de Ourense” presentou como gañadora a obra “Alba plena” do escritor Xosé Carlos Gómez Alfaro. O xurado resaltou a calidade da obra premiada, de temática amorosa e intimista, o grande dominio da métrica e o ritmo interno do poemas. Gómez Alfaro traballa como profesor de ensino medio en A Guarda, ten publicadas obras de poesía e prosa e colabora en xornais e revistas. O premio, cunha contía de 6000 euros entregaráselle en maio coincidindo coa semana das Letras Galegas.

Máis información en El Progreso

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Ourense, El Progreso, A Guarda...