O poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro falece subitamente durante un concurso literario

Foise nun verso

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Escoitando poesía na voz dun profesor, compañeiro seu do xurado dun certame poético para escolares, foise silenciosamente da vida o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro na Guarda a noite do pasado mércores a causa dun infarto. O escritor nado en Ribadavia aínda que guardense de adopción traballaba como profesor de ensino secundario no Colexio Padres Somascos desa localidade. A súa obra poética editada en galego comezou con “Matria da néboa” publicada en 1997 por Ediciós do Castro, en 2004 obtivo o Premio Cidade de Ourense de Poesía con “O clamor da Eclipse”. A súa derradeira publicación foi “Confiteor”, un poemario de temática cívico-relixiosa publicado por Litoral das Rías. Ante o seu falecemento a Agrupación Cultural Guardesa expresou a súa fonda tristura e decidiu a suspensión dos actos programados para o Día das Letras Galegas.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Día das Letras Galegas, Matria, Ediciós do Castro...