A Fundación Torrente acollerá en Santiago o Primeiro Encontro de Novos Narradores

Narradores alternativos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Coa intención de abrir un debate sobre as novas propostas narrativas nace o Encontro de Novos Narradores cuxa primeira edición terá lugar entre o 20 e o 23 de abril na Fundación Torrente Ballester de Santiago. O escritor santiagués Germán Sierra é o organizador deste evento do que pretende que teña carácter bianual e que nesta ocasión incluirá unha homenaxe ao escritor Julián Ríos. A innovación na narración abordada desde o punto de vista estético centrará este encontro que reunirá en Compostela a autores en lingua castelá e galega representativos, segundo a organización, do que é a narrativa máis alternativa, entre os que están Lucía Etxebarría, Luísa Castro, Marcos Giralt e Santiago Jaureguizar.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Jaureguizar, Santiago Jaureguizar, Galicia Hoxe...