Fernández Ferreiro recibe as honras da Asociación de Escritores mentres a Fundación Peña Novo anuncia unha homenaxe a Arturo Noguerol

Homenaxes de onte e de mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nogueira de Ramuín foi o sábado o escenario no que un emocionado Xosé Fernández Ferreiro recibiu a homenaxe da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Escritores e veciños do lugar uníronse nunha homenaxe que serviu como punto de encontro para moitos dos membros do grupo Brais Pinto. Tamén o sábado a Fundación Lois Peña Novo anunciaba a súa intención de organizar unha serie de actos en homenaxe ao Galeguista Arturo Noguerol. Ademais da edición dunha biografía, a fundación quere publicar unha colectánea de artigos e facer un acto en lembranza do avogado ourensán.

Máis información en Galicia Hoxe sobre a homenaxe a Fernández Ferreiro; sobre a homenaxe a Arturo Noguerol

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Fernández, Xosé Fernández Ferreiro...